Atlético Coruña

Fernando Varela: “Darémolo todo para cambiar esta dinámica”

Fernando Varela, centrocampista do Montañeros, foi unha das apostas de Moisés Pereiro no seu primeiro partido como adestrador morado. O xogador de Malpica analiza a situación do equipo.

Foi xusto o 0-1 favorable ao Boiro no último partido?
Penso que o máis xusto sería un empate.

E a expulsión a Juan no minuto 20 de partido?
Foi unha xogada moi rigurosa pola situación de partido e porque non era unha ocasión tan sumamente clara. Foi máis claro o gol legal de Hugo que o árbitro anulou que a expulsión de Juan.

Condicionou moito ao Montañeros xogar en inferioridade ou adaptouse ben ao partido?
Xogar tanto tempo cun home menos e, máis se cabe, cando na xogada da expulsión nos marcan o primeiro gol é complicado para calquera equipo e condiciona moito.

Cres que, noutras circunstancias, o remate de Kevin no minuto 90 acabaría en gol?
Todo o mundo xa sabe que, cando tes todo en contra, ata as ocasión claras e ben rematadas non entran. Temos que traballar para provocar moitas máis ocasións coma esas.

Como foi a última semana para os futbolistas?
foi unha semana na que puxemos todo o foco en adestrar ben e tentar gañarlle ó Boiro.

Que quere Moisés Pereiro a nivel de xogo?
Moisés pídenos que teñamos personalidade e intensidade tanto con balón coma sen el e, sobre todo, moita motivación e gañas de revertir esta situación.

O equipo segue no último posto. Como está o Montañeros a nivel anímico?
Estamos con bastante impotencia por esta situación, pero non imos perder a cara e darémolo todo para cambiar esta dinámica.

Nos últimos catro partidos, o equipo só marcou un gol e de penalti contra o Boimorto. Cal é o problema a nivel ofensivo?
O acerto de cara a gol e a toma de decisións nos metros finais. Tal vez esta última é a faceta na que máis temos que mellorar.

Segundo partido como titular no que vai de tempada. Está a ser un inicio difícil a nivel individual?
O comezo está sendo difícil por unha parte porque perdín os sete primeiros partidos da temporada por lesión e, pouco a pouco, teño que ir collendo forma. E o segundo e o máis importante pola situación clasificatoria.

Sorprendido por selo no primeiro partido de Moisés Pereiro como adestrador do Montañeros?
Toda a semana nos dixo que calquera de nos podía xogar este partido. Intentei estar preparado e que non me pillara de sorpresa.

Que lle pediu Moisés a Fernando no encontro fronte ao Boiro?
Personalidade con balón e moito traballo.

Comparte:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *